Anneke van Giersbergen
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (nl) Anneke Maria van Giersbergen 8 de marzo de 1973 (51 anos) Sint-Michielsgestel, Países Baixos (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, vocalista, pianista, guitarrista, artista discográfico |
Período de actividade | 1994 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock progresivo, Post-rock, Metal progresivo e música acústica (pt) |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Guitarra, piano e voz |
Selo discográfico | Century Media Records |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | annekevangiersbergen.com |
Anneke van Giersbergen, nada en Sint Michielsgestel o 8 de marzo de 1973, é a actual cantante e alma do proxecto Agua de Annique, pero é coñecida por se-la cantante e principal compositora da banda holandesa de rock The Gathering.
Durante a súa longa carreira musical coaborou con bandas da escena da música metal e gótica como Lawn, Ayreon e Napalm Death. A súa colaboración máis recente é a que fixo coa banda lusa Moonspell, cantando xunto a Fernando Ribeiro o primeiro sinxelo do disco Night Eternal, "Scorpion Flower".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a súa infancia xa estivo ligada ao mundo da música, presentandose a concursos, colaborando nun coro infantil e máis adiante, tomando clases de canto. Na súa adolescencia pasou por diferentes bandas de diferentes estilos que influíron na súa carreira, como o jazz, o blues e o rock.
O éxito na escena europea chegoulle de mans da banda holandesa The Gathering, na que entrou a formar parte en 1994, cun son con tendencias máis escuras nos seus comezos e que foron evolucionando cos anos a ramas máis suaves; sempre coa característica voz de Anneke, que pronto lle deu recoñecemento no ámbito do rock e metal. Pronto cheganlle proxectos cos que colaborar:
- 1998, coa banda holandesa Ayreon, no disco, Into a Electric Castle.
- 2006, aparece no disco Icon II: Rubicon, de John Wetton e Geoffrey Downes. Neste mesmo ano colabora con Napalm Death.
- 2007, colabora coa banda Within Temptation, facendo dueto coa súa cantante Sharon Den Adel, cantando o tema "Somewhere" para o DVD da agrupación holandesa.
- 2008, xunto co cantante da banda lusa Moonspell, grava o sinxelo "Scorpion Flower" do disco Night Eternal.
No ano 2007 Anneke separouse de The Gathering para centrarse no seu propio proxecto, Agua de Annique, con influencias que van dende o rock ata o jazz, e co que sacaría o disco titulado Air, ese mesmo ano.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con The Gathering
[editar | editar a fonte]EP's
[editar | editar a fonte]- Adrenaline / Leaves (1996)
- Black Light District (2002)
- Amity (2001)
CD's
[editar | editar a fonte]- Mandylion (1995)
- Nighttime Birds (1997)
- How to measure a planet? (1998)
- If then else 2000)
- Superheat (En directo, 2000)
- Souvenirs (2003)
- Sleepy Buildings - A Semi Acoustic Evening (En directo, 2004)
- Accessories - Rarities and B-Sides (Recompilatorio, 2005)
- Home (2006)
- A Noise Severe (En directo, 2007)
DVD's
[editar | editar a fonte]- In Motion (2002)
- A Sound Relief (2005)
- A Noise Severe (2007)
Con Agua de Annique
[editar | editar a fonte]- Air (2007)